Amigos e amigas:
Se as últimas lecturas
poéticas caracterizáronse, en certa medida, pola presentación pública, en canto
á poesía, de novas voces, nesta ocasión teremos a un poeta novo de longa mais
de longa traxectoria, que gusta da palabra dita e escatima a escrita, pois
tennos dado menos libros impresos dos que desexaríamos.
Tratase de Xabier Xil
Xardón, da colleita dos primeiriños anos oitenta e ben regada polas augas do
Limia.Estudou Filoloxía Galega na U. de Vigo e exerce como profesor no ensino
secundario.
Dende os anos estudiantís
participou en certames da universidade e gañou os premio Antón Tovar (2007) e
Eusebio Lorenzo Baleirón (2008, este co poemario Cando menos a derrota (2009, Sotelo Blanco Edicións).
Así entre o berro
reivindicativo e o asubío da retranca foi construíndo a súa obra poética
Detéxtonos (2018, Positivas), O contaxio (2019, Urutau), mentres non
deixaba de participar en publicacións colectivas e en grupos poéticos como as “Redes
Escarlata” ou a “Hostia en Verso”.
Se vos presta escoitar
a voz potente e telúrica de Xil Xardón, alí estaremos.
Será o sábado 29 de
abril e comezará ás 12.15h, cunha duración aproximada de 45 minutos. Para
limitar posíbeis interrupcións durante a
lectura A Mini abrirá as súas portas ás 12h.
As intervencións
poéticas están pensadas para celebrarse no exterior, o pé mesmo da Fonte de
Zeta, pero como non sempre o demo do tempo nos deixa, no caso de ser preciso
poderemos resgardarnos no interior da taparía.
Graciñas
Nota: De ter interese
en compartir mesa e mantel con Xabier Xil Xardón podedes facer a reserva no 646
74 93 28 ou en resposta este post.
Ningún comentario:
Publicar un comentario