O
próximo venres, 14 de abril, ás 20h na
Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de
Castro, 13), será todo un pracer acompañar
ao amigo e compañeiro Narciso de Gabriel
na presentación dos seus dous últimos libros Vermellos e laicos. A represión
fascista do maxisterio coruñés (2021) e Os mestres mortos daquel verán
(2023) nos que se achega tanto aos alicerces do nacional-catolicismo
escolar como á mecánica do proceso depurativo do maxisterio ou á tipoloxía das
sancións, así como a unha serie de historias de vida como as do seu admirado Arxmiro
Rico Taboada ou as das mestras María de Miño e Mercedes de Monelos, brutalmente
maltratadas e asasinadas, ou do miñorán de vida durante anos, el e a súa
familia, Víctor Fraiz Villanueva.
Conmemoraremos
así o día da República que non deixaron ser.
Por
se vos prace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario