“Axudando a restaurar a casa
común”. Empregabamos a expresión tobiana para referirnos ao seu intenso
traballo a prol do galeguismo político, nos anos duros do exilio. O tempo e os
anos van pousando unha tea de escepticismo ante os ollos; aínda así, formados
no compromiso coa nación negada e a súa cidadanía, non podemos menos que botar
unha man, aínda que só sexa un simple voto, non estragar unha oportunidade para
axudar a que respire a nación afogada pola inmoralidade e ineficacia da
contabilidade kafkiana.
Por iso veño de asinar o
chamado de https://proxectogalego.wordpress.com/
para arrimar o ombreiro, botar a Feijoo e axudar a un proxecto nacionalista e
de esquerdas que, ademais, poida poñer unha muller a fronte da nosa institución
de goberno limitado, para amplialo.
Gondomar
de Miñor 10 de xullo de 2020, baixo o coronavirus
Comparto..deixei o BNG no 93 por moitas razóns. Agora pra min Ana e do mellor da historia do BNG xunto a Miranda e Alexandra,,a verdade q ten mulleres magnificas...tamén gostaba de Vence . Vou votar BNG con moito gosto
ResponderEliminarUnha aperta Meixome
.
Esquecínme son M. Valverde
ResponderEliminar