martes, maio 18, 2021

Para os amigos e amigas da Arousa

 


   Para os amigos e amigas da Arousa e toda a xente que o teña a ben, o xoves 20 de maio ás 20h andarei polo Faiado da Memoria (Praza de Ravella, 1, Vilagarcía de Arousa) que comparten Margarita e o miñorá enxertado na Arousa, Antonio Caeiro, para presentar as miñas Catas na memoria (Laiovento). Será un pracer visitalos de novo e moito máis facelo  abrigado polo amigo, profesor, doutor en filoloxía e historiador da nosa cultura Emilio X. Ínsua; o amigo de longo percorrido, editor, activista cultural e recuperador da memoria e da historia do Grove e do Salnés, Antón Mascato e a amiga, dezá coma min, creadora diversa e xestora cultural Cruz López.

    Por se vos presta, por alí andaremos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario