Dende “La Mini” (Fonte de Zeta 9,
Baiona) poñemos en marcha un novo proxecto para arrexuntar poesía e gastronomía
ou cunha simple copa de viño, as “Lecturas poéticas”, argalladas en conversas
sobre mesa e mantel, serán coordinadas por Xosé María Álvarez Cáccamo.
Arrincamos coa ilusión de programar unha sesión mensual nas mañás dun sábado entrefebrando pluralidades poéticas e xeracionais. A primeira destas “Lecturas poéticas” será este sábado, seis de novembro. Abriremos ás 12h e a “lectura” comezará ás 12.30 cunha duración aproximada de 45 minutos. A intervención poética está pensada para celebrarse no exterior, o pé mesmo da Fonte de Zeta, pero como non sempre os deuses do tempo acompañan, no caso de ser preciso poderemos resgardarnos no interior da taparía.
A primeira das lecturas será a
cargo do propio Xosé María Álvarez Cáccamo de innecesaria presentación despois
da súa longa traxectoria poética.
Agardámosvos o sábado, seis, un
chisco despois do medio día.
moi interesante, como podemos seguilo para o proximo
ResponderEliminar