xoves, marzo 18, 2021

Obrigado

 


Obrigado a Gladys Figueiredo polo tempo de conversa que transformou nesta magnifica entrevista. Obrigado á Nova Peneira pola xenerosa acollida que sempre me deu nas súas páxinas. Obrigado a Tino Lago polo recoñecemento como colaborador do ano 2019 e polo afecto de sempre.

Daquela podiamos vernos, falar, compartir, saudarnos e acariñarnos e ata podiamos facer presentacións de libros, nesta altura na que todo iso nos está vetado, agradecemos sobre maneira a posibilidade de falar por medio das súas páxinas, mentres agardamos poder facelo nunha presentación ao xeito prepandémico. Por certo que, cando se poida, agardo acudir para pasarlle o testemuño como colaborador a quen decidades. 

Deixovos o enlace á entrevista

http://www.anovapeneira.gal/index.php/2021/03/17/carlos-meixome-historiador-e-escritor/

     

Ningún comentario:

Publicar un comentario