martes, abril 20, 2021

Convite

 

    Prezados amigos e amigas.


    Despois de tantos meses de agarda por unha mellor situación neste andazo que temos enriba, o próximo venres 23 de abril estaremos na Capitanía Marítima de Baiona (Rúa Elduayen, 20) para presentar Catas na Memoria. A persecución franquista no Val Miñor, publicado por Laiovento.

    Será as 20h e teño a honra de que acompañen nesta primeira presentación pública o alcalde de Baiona Carlos Gómez e o amigo e historiador  Anxo Rodríguez Lemos.

    As precaucións sanitarias serán as debidas para permitir a maior asistencia posíbel.

    Agradecendo a vosa atención.

    Carlos Méixome

Ningún comentario:

Publicar un comentario