sábado, abril 24, 2021

Desculpa ás amizades

    


    

    Onte moitos amigos e amigas non puideron acceder á Capitanía Marítima de Baiona para asistir á presentación pública das miñas Catas na memoria. As medidas antiandazo limitan moito os espazos. Síntoo por aquelas persoas que tiveron que dar volta, máis pronto haberá outra oportunidade.

    Ledo por compartir con Carlos Gómez, alcalde de Baiona, e o historiador, feito e dereito, Anxo R. Lemos e poder saudar a amigos e amigas que había tempo non vía; aínda que fose coa cara tapada como bandoleiros ou bandoleiras.

    Moi agradecido ao concello, ao seu alcalde e a Miriam Costas, concelleira de cultura, pola súa axuda e dispoñibilidade. E a Quique Román por facer estas fotos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario