Amigos e amigas
Nesta xeira das
“Lecturas poéticas” do mes de abril imos intentar fusionar narración e poesía
da man da veciña do Miñor a profesora Rexina Vega, que asina as súas obras como
Xina Vega.
Nos seus traballos de
investigación literaria tense especializado na obra dun gastrónomo de
excepción, non só polo seu gusto polo boa cociña senón tamén polo entusiasmo
divulgador, como é o fabulador por excelencia: Álvaro Cunqueiro. Xina Vega é
unha das grandes coñecedoras e estudosas da súa obra.
É na narrativa onde
Xina Vega asentou a súa xa consolidada obra de creación iniciada con Cardume (2007, ambientada en parte no
Val de Miñor, e continuou con Dark
Butterfly (2012), Nadie duerme
(2017)e a súa versión en galego Ninguén
dorme (2019) e con O estado
intermedio (2020).
Esta quinta das
“Lecturas poética” (coordinadas polo poeta Xosé María Álvarez Cáccamo), será o sábado 30 de abril e comezará ás 12.30, cunha duración aproximada de
45 minutos.
As intervencións
poéticas están pensadas para celebrarse no exterior, o pé mesmo da Fonte de
Zeta, pero como non sempre o demo do tempo nos deixa, no caso de ser preciso
poderemos resgardarnos no interior da taparía.
Graciñas
Nota: De ter interese
en compartir mesa e mantel co Xina Vega podedes facer a reserva no 646 74 93 28
ou en resposta este post.
Ningún comentario:
Publicar un comentario