xoves, maio 12, 2022

Hai un ano na Guarda. O venres de volta

 


    Hai un ano que presentamos as nosas Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor (Laiovento, 2021) na Guarda inaugurando as actividades do IX aniversario do C. S. Fuscalho na compaña de dous amigos vellos e ben queridos, o poeta e escritor galego-neoiorquino Francisco Álvarez (Koki) e o profesor da UdC Xosé Manuel Malheiro, especialista en historia da educación co que levo compartindo colaboracións dende hai anos.

O próximo venres 13 de maio volvemos á Guarda agora convidados pola asociación de Historia e paisaxismo Xuliva e estarei outra volta acompañado polos vellos amigos Koki e máis Malheiro para presentar O terro nas Tebras e outras catas na memoria (Laiovento, 2022) que se pode entender como una continuidade do anterior.

    Por si vos presta, será a partira das 20h. no Bar Aquilino, na última vila que caeu en mas dos sublevados en xullo de 1936.



Ningún comentario:

Publicar un comentario