martes, maio 24, 2022

Para os amigos e amigas de Ourense e O Carballiño

 

    O próximo xoves as oito da tarde estarei no local de elcercano.com para falar do meu último libro O terror nas Tebras e outras catas na memoria, na que iremos dende a local persecución franquista ata a globalidade da mesma e dos réximes autoritarios.

    Para min será unha gran alegría que o meu vello camarada e amigo de longo percorrido, brillante narrador e sabedor de todos os trasnos e outros seres míticos, Pepe Miranda, ao que tanto tempo levo sen ver se desprace dende Lugo ata Ourense para presentar o meu libro e poder compartir con el un chisco do noso tempo e da nosa memoria.

    Por se vos presta e podedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario