O próximo domingo 29
deste maio de calor, pola tardiña, ás 19:30 h. estaremos, acompañados por dúas persoas
centrais na recuperación da memoria das vítimas da persecución franquista no
concello de Mos como son Ana María Aller, impulsora do memorial que deseñou e construíu
o canteiro Marcos Escudero. Ela como representante da Comisión pola Memoria do
36 en Mos; Marcos en representación da asociación cultural ViaxaMos No Tempo.
No meu libro O terror nas Tebras e outras catas na memoria,
incorporei un breve capitulo dedicado a persecución neste concello da Louriña no
que se fai tamén memoria do movemento memorialista que puxeron en marcha, entre
outras moitas persoas, as dúas que me van acompañar.
Será no Auditorio do Pazo de Mos.
Por se vos presta e
podedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario