Hoxe, xunto a Xulián Maure, tiven a honra de recoller a Medalla de Ouro do concello de Baiona concedida, por unanimidade do pleno municipal, ao Instituto de Estudos Miñoráns (IEM).
Foron 16 anos de dedicación,
de horas compartidas das que privei a outras persoas, de satisfaccións e
tensións, sempre co corazón, e a cabeza, posto en que a cultura da nación brille
no universo.
Xa nos faltan Nano e María
Xosé, Alfonso e Antonio (Juan).
O compañeiro dende aquela,
Juan González Pérez, colocou no seu facebook este papeliño que sabe a tempo e recende
a nostalxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario