Graciñas https://anosdomedo.blogspot.com
Prezado Pepe, hónranme moito
ocupar un espazo dentro do teu “Pontevedra nos anos do medo” e moito máis
facelo á beira do amigo, compañeiro en mil leas, Antón Mascato, eu chámoo pola
vella, Toni, como aos vellos “beats”, non sei se esta sería a palabra acaída,
pero en todo caso pouco importa. El no Grove, eu no Miñor. El cunha pescuda
case profunda, como ben dis, sempre quedan cousas, eu collendo un espazo difuso
e en todo caso máis propio dun diletante coma min, e tamén dun dionisíaco
francotirador, polo alcume que nos puxo o Pereira, co que me sinto
identificado, máis que coa chiscadela festeira. En calquera caso gustaríame que
o tempo, as gañas e a disciplina se concertasen para que un día puidese
ofrecer, non unhas simples catas, senón unha completa pescuda da persecución
franquista no Miñor, que infelizmente foi moita. e que as editoras Positivas e
Laiovento, ou Laiovento e Positivas teñan, non as gañas que ben sei que non lle
faltan, senón as posibilidades de darlles lume editorial.
Agradecendo de corazóns as túas palabras, permíteme que
as comparta no meu blog.
https://anosdomedo.blogspot.com/2021/01/libros-de-historia-en-tempos-de-pandemia.html
Apertas Pepe
Ningún comentario:
Publicar un comentario