Será todo
un pracer compartir con todos e todas vós un tempo para presentarvos as miñas Catas na memoria. A persecución franquista
no Val de Miñor (Edicións Laiovento) e partillar o momento cos
amigos de longo percorrido Juan González Pérez, historiador, alcalde de Nigrán
e provocador destas Catas; o músico e
psiquiatra co que comparto conversas sempre da cabalo entre tradición e
modernidade, Antón Seoane e a amiga dende os ben afastados tempos compostelás e
compañeira no departamento de Historia do IES Escolas Proval, Rosa Pascual Abal.
Agardo que
os moitos amigos e amigas que quedaron de portas afora en Baiona poidan nesta
ocasión atopar acomodo pois semella que imos coutando o o andazo.
Se vós presta alí estaremos a falar de
memoria, historia, de Nigrán e do Val Miñor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario