É todo un pracer inaugurar as actividades da celebración do IX aniversario
do Centro Social Fuscalho da Guarda coa presentación das miñas Catas na memoria. A persecución franquista
no Val de Miñor (Edicións Laiovento), e moito máis facelo na compañía de
dous amigos ben queridos, o poeta galego- neoiorquino Francisco Álvarez (Koki)
e o profesor da UdC Xosé Manuel Malheiro, especialista en historia da educación
con que levo coincidido dende hai anos en traballos compartidos.
Por se vos presta, alí nos veremos o próximo xoves, tres de xuño, ás 20h.
no Centro Cultural da Guarda. Beizón e parabéns para os afoutos amigos e amigas
do CS Fuscalho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario