martes, xuño 15, 2021

En Gondomar de Miñor



    


     Será todo un pracer compartir con todos e todas vós un tempo para presentarvos as miñas Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor (Edicións Laiovento) no acto a celebrar o próximo venres 18 de xuño de 2021 a iniciativa do concello de Gondomar e a celebrar no Auditorio Municipal “Lois Tobío”.

    Acompañaranme o alcalde Paco Ferreira e dous amigos de longo percorrido, o historiador e alcalde de Nigrán, Juan González Pérez, e mais o editor e historiador Antón Mascato.

    Agardo que os moitos amigos e amigas que quedaron de portas afora en Baiona ou non lles cadrou para achegarse o pasado venres a Vilameán poidan nesta ocasión atopar acomodo pois semella que imos coutando o andazo.

     Se vós presta alí estaremos a falar de memoria, historia, de Gondomar e do Val de Miñor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario