domingo, xuño 20, 2021

Para os amigos e amigas de Pontevedra

 


    Será todo un pracer compartir con todos e todas vós un tempo para presentarvos as miñas Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor (Edicións Laiovento)

    O acto, organizado polo  Ateneo de Pontevedra, terá lugar o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 20 horas, na sala de conferencias da  Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás, rúa de Don Filiberto, 9-11).


    Será unha honra estar acompañado de amigos, algún de tan longo percorrido como Xaime Toxo, presidente do Ateneo, polo xeneroso amigo e director de Edicións Laiovento, Afonso Rivas, e máis polo moi respectado historiador e amigo Xosé Álvarez Castro autor, entre outras moitas cousas, do célebre blog Pontevedra nos anos do medo e do libro homónimo.

    Por se vos prace, vémonos en Pontevedra.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario