O outro día tocoume asinar as
miñas Catas na memoria. A persecución
franquista no Val de Miñor, na feira do libro argallada polos libreiros
galegos no Porriño, ao pé da casa do concello ideada por Antonio Palacios. Alí tiven
o pracer de asinar un exemplar para o vello amigo, dende o tempo das aulas
compostelás, Raúl Francés, e outro para o seu pai, tamén Raúl Francés, quen
tanta axuda me prestou nas miñas pescudas sobre a persecución franquista no
Baixo Miño.
A familia Francés Carpintero,
enxertados no Porriño dende a súa orixinaria Forfoleda salmantina,
concentraron, xunto a tamén porriñesa Fernández Miniño e a tudense Jaso, o
furor perseguidor dos sublevados. Aos
irmáns Francés Carpintero, Antonio e
Eleazar, paseáronos en Tebra, na amañecida do 22 de setembro de 1936. Un
terceiro fillo de José e Orícera, José Francés Carpintero, pai e avó dos amigos
Raúl Francés, fusilárono en Tui ás 11 da mañá do 27 de agosto. Que a súa
memoria sexa longa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario